top of page
thumbnail_IMG_1796.jpg

¿Por que o mel se pon sólido?

O mel de abella viase poñendo sólido porque é unha solución sobresaturada, que contén gran cantidade de azucre natural (70%) e moi pouca auga (15%). Despois dun tempo de mantelo almacenado, o mel perde auga naturalmente e acada un aspecto granular cremoso ou incluso completamente sólido. Este é un proceso do mel (cristalización) que non nos debe preocupar, ó contrario esta solidificación é o principal signo dun mel puro e natural.

¿Por que o mel non caduca?

O mel é hidrofílico debido ao seu alto contido en azucre, calquera microorganismo que pretenda vivir no mel ten dificultades porque terá problemas na súa membrana celular ou pola súa capacidade de reter auga no seu interior.

 

Ademais, o mel contén anticorpos do sistema inmunitario das abellas que son antibacterianos moi potentes.

miel solida.jpg

¿Sabías que...?

thumbnail_IMG_3500.png

- O 70% dos cultivos de alimentos no mundo son polinizados polas abellas e o 60% das froitas e verduras desaparecerían sen as abellas.

- 2.500 abellas precisan visitar 1.400.000 flores para facer 1kg de mel.

- 40.000Km necesitan viaxar as abellas para facer 5Kg de mel.

- 800Km voa unha abella en toda a súa vida.

- 100 abellas pesan 100g.

- 1 abella voa 1 km en 2 minutos.

- 1 abella voa ata 3,5 veces por todo o mundo por 1kg de mel.

- A abella de verán só vive 6 semanas e a de inverno vive ata 9 meses.

- A raíña pode vivir ata 4 anos.

- Unha raíña pode poñer ata 3000 ovos ao día.

- 1.500-1800 ovos pesan tanto como a propia raíña.

- Unha larva de abella recibe 2.000 visitas das abellas nodrizas.

bottom of page