Somos unha familia que naceu e se criou nunha pequena aldea da alta montaña.
Adicámonos semi-profesionalmente á apicultura na nosa pequena explotación apícola familiar de preto de 200 colmeas, repartidas pola alta montaña.
Despois de varias xeracións de apicultores, onde os nosos antepasados recollian o mel para autoconsumo, decidimos profesionalizar un pouco máis o noso traballo e aumentar así o número de colmeas para producir excedentes, pero mantendo sempre o mesmo coidado e dedicación.
A día de hoxe, aínda que a apicultura non é a nosa actividade principal, mantemos un profundo arraigo co rural e un especial interese polo beneficio que as abellas dan ao medio ambiente e á sociedade, aproveitando así o uso das novas tecnoloxías para dar a coñecer o noso excelente produto.
Coidamos as colmeas persoalmente, recollendo, extraendo e envasando o noso mel, que despois vendemos ata agotar as existencias. A nosa produción é limitada, polo que unha vez esgotada a colleita, temos que esperar ó ano seguinte para volver a degustar esta delicatesem feita polas nosas abellas neste contorno privilexiado pola súa variedade e inigualable botánica.
O noso traballo consiste en vender directamente ao consumidor, recollendo o mellor mel e sendo sempre fieis ó xeito tradicional, evitando a sobreexplotación e garantindo deste xeito a máxima calidade, co fin de establecer unha conexión directa co consumidor.