O noso mel é caseiro, cru, 100% puro e natural, sen engadidos nin procesamentos, extraído das nosas colmeas da alta montaña dun xeito tradicional e envasado manualmente en bote a bote. Está á proba de calquera análise en laboratorio.
Recollida entre abril e setembro polas abellas pecoreadoras, extráese dos panais totalmente operculados, é dicir, cando ten o grao de humidade óptimo (aproximadamente o 13%).
Ao extraer os panais da colmea, desabellámolos coidadosamente, sempre tendo en conta o benestar das abellas, para posteriormente transportalos nas alzas meleiras ata a sala de extracción, situada na nosa casa familiar.
Unha vez alí, os panais desopercúlanse un a un, manualmente, cun coitelo apícola.
A continuación, estes panais desoperculados, introdúcense nun extractor, que por centrifugación, o mel sae e cae nos maduradores, onde se deixa decantar un mínimo de 15 días, co fin de eliminar posibles impurezas.
Finalmente envásase en frascos de vidro manualmente, bote a bote, que se manteñen a temperatura ambiente e afastados da luz solar para preservar todas as súas propiedades.
Colleitado en zonas boscosas de altitudes superiores aos 1.000 m e coa gran riqueza de vexetación meleira que hai na zona, este mel de alta montaña procede principalmente de brezo, castiñeiro e carballo, o que lle dá un sabor intenso e aromático ó tempo que unha cor moi escura.